Publicacións

Presentación das escolas de Salvaterra e de Monção: Escolas de Fronteira

Imaxe
 

Vídeo do encontro do alumnado das escolas de Salvaterra e Monção

Imaxe
 

Camiñando de Salvaterra a Monção

Imaxe
O  pasado xoves foi un día moi especial. O alumnado das escolas de Salvaterra e de Monção encontráronse nun dos parques próximos as caldas para facer xogos populares, danzar e cantar músicas en español e en portugués e trocaron os poemas que tiñan feito entre todas aulas e turmas de cada escola! Fomos e voltamos camiñando, atravesando a ponte internacional: a fronteira foi un pouco menos fronteira e estivemos un pouco más unidos! Gracias Monção, o pasamos xenial! Cronograma da organización da excursión (premer sobre a imaxe para ver o documento!)

Día das familias en portugués!

Imaxe
O pasado 16 de maio as compañeiras de normalización lingüística e de actividades extraescolares organizaron o día das familias. Moitas familias cociñaron pratos típicos dos seus países de orixen... Tivemos comida española, galega, e, por suposto, entre outros países, pratos portugueses e brasileiros! Aínda nos deu para coñecer algo máis eses dous países e algunhas palabras portugués!  

Familias contando contos en portugués...

Imaxe
 Na turma de 3ªA, estamos recebendo a familia lusófonas que nos están contando contos en portugués! Unha auténtica sorte!

Lenda do guaraná

Imaxe
Esta semana, na aula de 4ºB, recebemos a unha familia de Brasil que nos viu a falar da lenda do guaraná. Falamos e oímos portugués e, por suposto, bebimos guaraná!  

O alumnado de 4ºB e de 6ºB participa en Radio Tui!

Imaxe
 O xoves, 23 de maio, ás 11:00 horas da mañá, o alumnado de 4ºB e 6ºB estará en Radio Tui falándonos dun conto portugués. Se non podedes acompañar esa primeira emisión haberá unha remisión, ese mesmo día, ás 14:45 horas da tarde! Enlace a Radio Tui, premer aquí ou sobre a imaxe!