Esta semana, na aula de 4ºB, recebemos a unha familia de Brasil que nos viu a falar da lenda do guaraná. Falamos e oímos portugués e, por suposto, bebimos guaraná!
O xoves, 23 de maio, ás 11:00 horas da mañá, o alumnado de 4ºB e 6ºB estará en Radio Tui falándonos dun conto portugués. Se non podedes acompañar esa primeira emisión haberá unha remisión, ese mesmo día, ás 14:45 horas da tarde! Enlace a Radio Tui, premer aquí ou sobre a imaxe!
Música e letra da canción "Sou uma taça" Actividade para traballar vocabulario en portugués da letra da canción ( Preme aquí ou sobre a imaxe para descargar o material! )
Estes días andamos atarefados lendo e creando poemas... Andamos intentando crear un poema entre todas as turmas do cole para partillar cos coles de Portugal... E, entretanto, en 6ºB aproveitaron que a poesía estaba polas súas aulas para crear estes poemas... Sobre a fronteira entre Salvaterra e Monção... E sobre as fronteiras entre a literatura e o arte!
Na semana pasada a aula de 4ºB recebeu a visita dun pai dunha alumna do cole, con orixes no Río de Xaneiro (Brasil), que lle contou ao alumnado unha lenda tupi : a lenda de Curupira.